Zona deportiva e de lecer San Pedro de Cesantes

A parcela na que se preve a intervención atópase situada na parroquia de Cesantes, no barrio de San Pedro, na zona coñecida como Campo de San Pedro e que na actualidade conta con infraestruturas públicas consistentes nun pequeno parque infrantil e unha pista multifución con porterías.

A área de intervención atópase diferenciada en varias zonas.

Parte da mesma atópase actualmente infrautilizada: trátase dunha grande explanada de terra, parte da cal se utiliza como zona de estacionamento de vehículos ou para a celebración de eventos puntuais e esporádicos.

Sinálanse distintas zonas para realizar unha actuación que complemente o proxecto existente. O propósito da actuación é continuar e reforzar a zona de lecer, engadíndolle zonas de estar coa creación de puntos de reunión e dotándoa de máis elementos de carácter deportivo.

Proponse realizar unha mellora no pavimento da pista existente, para convertela nunha pista multifunción onde poida convivir a práctica deportiva de distintos deportes, como patinaxe, baloncesto, fútbol…

Proponse incorporar unha zona de lecer e goce de novas disciplias deportivas como un pequeno circuíto de Pump track para percorrer co monopatín ou bicicleta, ou calquera outro tipo de circuitos similares.

En definitiva o proxecto impulsa a creación dunha zona onde permanezan os usos existentes, incluída a propia zona de estacionamento, pero dotándoo doutras infraestruturas modernas e actuais e mellorando as existentes.

DANOS A TÚA OPINIÓN… ESCOITAMOS Á MOCIDADE!

  • Os datos que facilites serán xestionados polo Concello de Redondela. Contacto: info@redondela.gal
  • Os datos que facilites serán usados para atender a consulta que plantexes neste formulario.
  • Os datos que facilites non serán cedidos a terceiras persoas / empresas.

Antes de enviar este formulario, le a sección POLÍTICA DE PRIVACIDADE desta web.