Zona deportiva anexa a Senda Verde de Chapela

A parcela na que se preve a intervención atópase situada no barrio de Chapela, anexa ao futuro trazado da Senda Verde que discorrerá ao longo da antiga vía do ferrocarril no concello de Redondela.

A área de intervención atópase diferenciada en zonas. Todas elas atópanse próximas á futura Senda Verde onde se realiza a naturalización e acondicionamento da vía férrea xunto coa antiga plataforma para o seu uso como zona de lecer.

Anexas á Senda Verde, sinálanse tres zonas para realizar unha actuación que complemente ao proxecto previamente realizado. O propósito da actuación proposta é continuar e reforzar a zona verde, que xerará a nova Senda verde, engadíndolle zonas de estar a crear puntos de reunión e dotándoa con elementos de carácter deportivo e xogos infantís.

A zona definida como Zona 1 esténdese de forma alongada xunto ao trazado da vía do ferrocarril. Debido ao forte desnivel do terreo respecto á rúa, proponse unha bancada que resolverá paulatinamente este cambio de cota dun modo orgánico. Esta zona albergará unha área destinada a skatepark, xa que aproveitará a pendente para a formación dos elementos, xunto cunha zona lúdico deportivo. Establécese ao longo da zona verde unha estrutura continua que aglutinará na súa contorna xogos infantís, elementos para a práctica deportiva tipo Crossfit e estanciais para xerar puntos de reunión.

Na Zona 2, tal e como se indica na documentación gráfica, ampliarase a zona verde exposta no anterior proxecto, e complementarase con pequenos espazos estanciais e algún elemento de xogo infantil. Á súa vez, na plataforma da antiga estación sitúanse dúas edificacións, actualmente en desuso e nun estado deficiente. Levará a cabo a rehabilitación e reforma destes, de tal modo que se acondicionarán para que sexan postos ao dispor do concello e poidan albergar usos como centro social, de actividades ou cantina.

DANOS A TÚA OPINIÓN… ESCOITAMOS Á MOCIDADE!

  • Os datos que facilites serán xestionados polo Concello de Redondela. Contacto: info@redondela.gal
  • Os datos que facilites serán usados para atender a consulta que plantexes neste formulario.
  • Os datos que facilites non serán cedidos a terceiras persoas / empresas.

Antes de enviar este formulario, le a sección POLÍTICA DE PRIVACIDADE desta web.